Comunicación 5

Prezados amigos/as,

comprácenos comunicarvos que o IGEA (Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos) dispón dunha nova páxina web á que podedes acceder dende hoxe na dirección http://www.igea.eu.com/, con novo formato e contidos.

1 Comentario

Comunicación 4

Prezados/as amigos/as:

comprácenos achegarvos o informe que baixo o título “Apuntamentos sobre a problemática da ordenación do territorio en Galicia. Especial consideración sobre o territorio litoral e avaliación do Plan de Ordenación do Litoral”, elaborou para o IGEA (Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos) Daniel Pino, sociólogo especializado en Ordenación do Territorio e Urbanismo, Xavier Rivas Barros, arquitecto e urbanista; Enrique Sánchez Goyanes, doutor en Dereito especialista en Dereito Urbanístico, e Manuel Pérez Rúa, sociólogo e politólogo.

O traballo analiza os cambios producidos no territorio, a economía e a sociedade de Galiza nos últimos 50 anos, a resposta que dende as distintas administracións se deu a estes cambios, o Plan Territorial Integrado de Ordenación do Litoral 2009/2010 e remata apuntando a necesidade dun consenso sobre a ordenaciòn dos territorios do país e as pautas para chegar a este consenso.

Agardamos que sexa do voso interese.

Informe Daniel Pino

No hay Comentarios

Normativa 2

Prezados/as amigos/as:

comprácenos achegarvos o documento da “Carta de Leipzig sobre Ciudades Europeas Sostenibles”.

Carta de Leipzig

No hay Comentarios

Comunicación 3

“Quizás se necesite un cuarto poder, además del legislativo, del ejecutivo y del judicial  -que podríamos llamar poder de instrucción, conocimiento e información-, que tendría la responsabilidad e independencia para organizar dictámenes e informes periciales y, en general, para producir y difundir la información necesaria a fin de tomar decisiones públicas” F. Ascher (Diario, pág. 175)

Queridos amigos do Observatorio Galego do Territorio (OGT),

Despois da varias reunións con exposición de ideas e de obxetivos, parece que chegou o momento de poñerse a traballar en términos prácticos. O bombardeo de iniciativas legislativas da Xunta de Galicia relativas á organización do Territorio (e a conseguinte modificación da Paisaxe) veñen ser un obrigado campo de traballo para agora mesmo, pola urgencia das cousas. Ao mesmo tempo, unha razón oportuna para plantexamentos que non poden esperar máis.

Na vindeira reunión imos organizar o traballo dunha Ponencia sobre a normativa máis recente, e, ao mesmo tempo, sobre a propia idea e realidade da Normativa e dos Plans en xeral. Os coordinadores da Ponencia son Ignacio Cerrada e Juan Pinto.

Os temas son:

1.- Lectura crítica da nova normativa (Ordenación do Territorio, Ordenación do Litoral, Lei do Solo, Normativa do Hábitat etc.) para sacar á luz os seus obxetivos e outras implicacións.

2.- Reflexión básica sobre as Normas e os Plans. Crítica xeral da intervención dos poderes públicos nos elementos e axentes que configuran a Paisaxe e organizan o Territorio, das normativas sobre construccións etc.

2.1.- ¿Quen debe facer os plans e a normativa?

2.2.- A intervención cívica ou participación dos cidadáns na elaboración dos plans: novas tendencias a experiencias pasadas.

3.- ¿Quén debe ter o ‘poder executivo’? Se estamos de acordo en que a ordenación do territorio non pode ser obxeto de pactos políticos, teremos que reflexionar sobre

           O papel do Goberno Autónomo e do Central

           O poder municipal

           A necesidade dun organismo independente, interdisciplinar (o Observatorio!!)

Por riba disto hai que ir pensando noutras ponencias. Nestes momentos de botar a andar parece que colle forza a idea de empezar polo recoñecimento da enfermedade para facer o diagnóstico: a Ponencia podería titularse “Os males do noso Territorio enfermo”. Levará tempo dar con eles e as súas circunstancias, seguramente.

No hay Comentarios

Comunicación 2

Queridos amigos do Observatorio,

os remitimos a nota de prensa que onte enviamos á oficina de comunicacion da USC (Universidade de Santiago de Compostela), con ánimo de que  o público que está a ver o debate sobre o territorio na prensa destes días, poda ter información do tenor e do texto literal da normativa sobre a Red Natura.

Nota de prensa

No hay Comentarios

Normativa 1

Adjuntamos links de Normativa de interés:

- Plan de Ordenación del Litoral.

   http://www.xunta.es/litoral/

- Ley 2/2010, de 25 de marzo, de medidas urgentes de modificación de la Ley 9/2002, de 30 de diciembre, de ordenación urbanística y protección del medio rural de Galicia.

  http://www.xunta.es/Doc/Dog2010.nsf/FichaContenido/D1D2?OpenDocument

- Orden do 15 de setembro de 2008 pola que se aproban inicialmente as directrices de ordenación do territorio de Galicia.

  http://www.coag.es/normativa/archivos/1452/1452.pdf

- Ley 6/2007, de 11 de mayo, de Medidas urgentes en materia de ordenación do territorio de Galicia-

  http://www.coag.es/normativa/archivos/1355/1355_es.pdf

- Lei 6/2008, do 19 de xuño, de medidas urgentes en materia de vivienda e solo, pola que se modifica a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

  http://www.coag.es/normativa/archivos/1435/1435.pdf

No hay Comentarios

Comunicación 1

F. Ascher (Diario, pág. 175):
“Quizás se necesite un cuarto poder, además del legislativo, del ejecutivo y del judicial -que podríamos llamar poder de instrucción, conocimiento e información-, que tendría la responsabilidad e independencia para organizar dictámenes e informes periciales y, en general, para producir y difundir la información necesaria a fin de tomar decisiones públicas”.
.
Nuestra primera reunión del pasado 12.11.09 fue una estupenda muestra de lo mucho que tenemos que discutir, que estudiar y que proponer.
.
Diversos temas han destacado con perfiles propios, por ejemplo:
.
El Territorio como directriz inexcusable en la urbanística y en la arquitectura.
.
La necesidad de una visión global del Territorio, analizando conjuntamente todos los elementos que lo conforman y determinan: sociedad, geografía, infraestructuras, economía, historia, etc.
.
La inadecuación del los Concellos como marco espacial definitorio de la gestión y ocupación del suelo y como instancia decisoria de las mismas.
.
La necesidad de un estudio crítico de la normativa, en pos de mayor flexibilidad, adecuación a la realidad, etc.
.
La ausencia de una conciencia social activa, de una estructura social ágil e independiente.
.
La legislación que no se cumple pero está vigente, como lo del 80% de la plusvalía para las arcas públicas cuando está derivada de una actuación pública.
.
El estudio de elementos urbanos tradicionales y sus transformaciones: barrios, centros históricos, dotaciones,…
.
Y un largo etcétera.
.
En el inmediato futuro deberemos dar forma más clara a estos temas, que son las PONENCIAS que después entroncarán nuestro trabajo. Quedan muchas cosas, como (por ejemplo) la situación de nuestro litoral, en perspectiva jurídica y técnica, frente a riesgos como el del Prestige, que también tendremos que observar.
.
Al mismo tiempo, hay que ir dando forma a nuestro modus operandi. Lo mejor es, seguramente, dejar que la práctica nos lleve por el camino más adecuado a ella.
.
Ahora y en el futuro, quien tenga un texto de cualquier género que pueda parecerle interesante, que lo envíe lo antes posible para distribuirlo a todos.

No hay Comentarios